Canta mentira, Salomé.

  O Partido Popular segue coa súa campaña de empuxe e derribo contra o goberno de Ribadumia, do que formo parte. Desta volta o ataque ven a conta do IBI, que debido a que é un imposto que se fai notar nas carteiras garantiza uns bos  titulares en prensa.

 descarga (13)  Pero todo esta levantado enriba de mentiras. Foi Salomé Peña a responsable da revisión do catastro xa no 2014, anque se fixo efectiva neste 2018, e foino en coalición  con Montoro, ese ministro que puxo o PP para levar a cabo as súas políticas máis duras e lesivas para a cidadanía, e que se sacou da manga o catastrazo ese que obriga a pagar por calquera cousa que pareza que leva algo de cemento. E a través das mentiras, agora que os recibos xa están pasados -non antes –  quere Salomé cargarnos a nos o morto de que algunhas persoas teñan que pagar máis do que pagaban. Politica de baratillo.

Dende o goberno  emitimos o pertinente comunicado, que recolleu a prensa e tamén a web de Somos Ribadumia, pero pareceume convinte aportar unha visión persoal, a traves dunha breve carta aberta, que reproduzo aquí:

“A principios do ano pasado, benquerida Salomé, tivemos que montar unha oficina temporal na casa de cultura de Ribadumia, con tres persoas e os correspondentes equipos informáticos para poder axudar a unha parte da nosa veciñanza que, debido a unha decisión do Partido Popular, repito en maiúsculas, DEBIDO A UNHA DECISIÓN DO PARTIDO POPULAR, tiveron que rexistrar todo tipo de construcións auxiliares, dende galiñeiros a garaxes, pasando por piscinas e, nalgún caso, simples terrazas. Todo ese proceso nin sequera era gratuíto, pois  o estado, e insisto outra vez,  o concello non , o goberno do Partido Popular,  cobraríalle a eses veciños e veciñas afectadas da orde de 60€ polo trámite, enriba do recibo o IBI, por suposto.  E a partir deste ano, toda esa xente ten que pagar os recibos actualizados, coa inclusión desas edificacións auxiliares.

   As veciñas e veciños afectados saben isto porque xa o ano pasado dende as oficinas que montamos expresamente para este tema, llo explicamos. E se alguén ten dúbidas, so ten que vir polo concello e encantados lle aclaramos o que sexa preciso, como precisamente cho explicamos a ti fai uns días – inda que deberías sabelo – cando viñeches polas instalacións municipais a preguntar por este tema. Algo que se pode facer agora, por certo, que o servizo de recadación é municipal.

   Que teñas agora a cara dura de saír na prensa dicindo que o goberno municipal está subindo os recibos do IBI é evidente que obedece unha estratexia política baseada na mentira e no engano.

 Salomé, deixa xa de enredar á xente con mentiras e demagoxia de baratillo. O goberno de Ribadumia non lle subiu o IBI os veciños, foi o Partido Popular quen atacou a nosa veciñanza, facéndolle pagar ata pola caseta do can.”

Esta entrada foi publicada en Cousas de Ribadumia, cousas miñas. Ligazón permanente.

Deixar un comentario