Libros. EL cuento de la criada, de Margaret Atwood.

 9788498388015 Margaret Atwood está moi lonxe de ser unha descoñecida na literatura. De feito a súa obra é moi extensa, e toca todos os paus, dende a literatura infantil á novela grafica, pasando polo teatro, os guións para cine e televisón, ensaio, poesia… todo isto ademais recoñecido con innumerables premios, un deles o premio Principe Felipe das  Letras, no 2008.   El cuento de la criada non é tampouco un libro descoñecido, nin moito menos. Ademais de que foi traducido a máis de corenta linguas, e de terse feito  unha pelicula a finais dos oitenta, conta cunha opera e tamén un ballet. Recentemente, a raiz da adaptación que fixo a HBO, volveu coller relevancia, pero se as librerías venderon miles de volumes dunha obra con 30 anos ó lombo, non foi solo por que saía na tele, se non pola súa calidade literaria e polo preocupantemente actual e próxima que resulta esa historia.

   O plantexamento de partida desta novela  distópica é un cambio político nos estados unidos que transforma o país nunha dictadura – con nome de república –  machista, ultracatólica, homofoba, entre  outras caracteristicas, que somete a poboación a un réxime moi duro, especialmente ás mulleres, reducidas a simples reprodutoras, e que son as protagonistas da historia a través dos ollos e vivencias dunha delas, Defred.

   É unha historia dura, que destaca polo seu realismo, pero sobre todo por como está plantexada, e como explica os mecanismos para que unha situación así se dea. E iso é o máis destacado, que  ó longo do libro imos coñecendo algúns detalles de como nesa historia alternativa o país chegou a esa situación, e damonos conta que non é nada que non poida pasar en calquera lugar e en calquera momento. E de feito, faise moi dificil mentres se van pasando as páxinas non estar mirando de reollo a todo canto estaá acontecendo no mundo nos últimos anos, coa suba que está experimentando a ultradereita, en especial  a conta dos problemas migratorios e a partir da broma que nos gastaron os americanos ó poñer a Trump de presidente, un home que ten con el a un señoriño chamado Steve bannon, que esta tentando crear un gran grupo ultradereitas no parlamento europeo a traves dalgo que el denomina “El Movimiento” , e que nos vai dar moitas dores de cabeza no futuro próximo. E iso si que é preocupante.

  Fora do contido político que presenta, é unha historia chea de aristas, onde destaca a unha forte carga feminista, pero que tamén nos fala do complexo dos pensamentos humanos e de como as persoas son capaces de transformarse en calquera clase de ser ante a necesidade de sobrevivir. Unha historia cunha humanidade enorme, é o mellor resumo que se pode facer.

Dende logo unha lectura imprescindible, que  visto o panorama internacional debería ser de lectura obrigada nos institutos, e que me levou a pensar en moitisimas novelas distopicas, deixovos va

  • descargatriloxía “os xogos da fame”, de Suzzane Collins, porque inda que nos últimos anos as distopías futuristas volveron estar de moda, especialmente no sector adolescente, esta destacou tanto pola súa calidade literaría como pola súa adaptación cinematográfica.

 

  • descarga (3)“O señor das moscas”, de William Golding, a historia duns nenos perdidos nunha illa logo dun accidente que deben enfrontarse a tarea de sobrevivir sen adultos.  Unha alegoría sobre a natureza humana que non deixa indiferente.

 

 

  •  41eMPO+Xu8L._SX328_BO1,204,203,200_“A carretera”, de Cormac McCaerthy, durisimo relato postapocalíptico, protagonizado por un pai e un neno nun mundo totalmente arrasado onde o pouco que queda do xénero humano esta botado a perder, por decilo amablemente. Libro cunha por certo moi lograda adaptación cinematográfica.

 

  • descarga“Metro 2033”, de Dimitri Glukhovsky, unhaobra rusa,  que deu pe a todo un universo propio, con relatos, videoxogos…

 

 

 

..e tres  artigos deses que recollen listas de obras:

https://www.mundiario.com/articulo/sociedad/10-novelas-distopicas-todo-lector-debe-conocer/20170312191646081955.html

https://www.elrelojdesol.com/wp/jihad-ghannam/7-distopias-literarias-que-deberias-leer/

https://fronterasblog.com/2011/11/28/doce-distopias-de-pesadilla-que-no-son-1984-ni-un-mundo-feliz/

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s