Quen queira ir ver Han Solo debe levar varias cousas na cabeza. A primeira delas que non vai a ver a Harrison Ford. Pero si vai ver un actor facendo un gran papel, tentando clavar todo o posible ó maior gamberro da galaxia, cando inda estaba en proceso de maduración. Isto é moi importante, por que todo o mundo está a dicir que o protagonista e un erro e non me parece correcto. Fai un moi bo papel.
Outra cousa a ter en conta é que a película se mantén moi fiel o universo creado no episodio IV. E nese universo a historia (o guión) non ten xeito nin dereito. Non lle facia falta. A nivel de guión e historia, o episodio IV era un despropósito que facía augas por todos lados. O V e o VI case parecían dous episodios de Dallas máis que dúas películas de ciencia ficción. Pero funcionaron en todo o demais, compensando as carencias con moita imaxinación, creando todo un mundo novo, un mundo onde o ilóxico era posible, acompañado dunhas esceas xeniais e unha banda sonora que impresionaba. A saga star wars aportou unha enorme capacidade para facernos soñar, e iso poucas veces aconteceu no cine.
Han Solo é puro star wars. Polo tanto, o guión non é importante. XA. Todo o mundo quere alucinar coa “gran” historia do contrabandista. Pero todo o mundo esquece que o señor Solo fíxose grande no episodio IV, salvándolle o cú a Luke, e que ata ese momento era un moinante. Un moinante cunha vida moi dura, que eu lin algo de toda esa literatura creada a posteriori do éxito cinematografico gracias o maior friki de Star Wars de Ribadumia, pero un moinante ó fin e o cabo. E bastante torpe para todo o que non fora correr polo espacio adiante. Porque no esquezamos que o halcón milenario se nos presentou como un pedazo de chatarra.
A min a película gustoume, pero en liñas xerais pareceume algo floxa, no sentido de que as pezas encaixan mal. Quero dicir, non é que sexa un mal guión, pero abre moitas frontes e faltalle peito para facerlle fronte. E iso, como xa dixen non sería un problema se non fora que todo o demais tampouco pasa do aprobado. E inda por riba, a banda sonora, gran salvadora en ocasións anteriores, patina estrepitosamente. Si destacaría o traballo dos actores, que fan moito con moi pouco.
De feito, penso que realmente o que patina é o director. Realizou mellor montaxe o becario que fixo os trailers que Ron Howard, sendo un director reputado. Por comparar, Gared Edwars, sendo un director máis floxeiro (ten no seu haber a última de Godzilla, triste presentación) fixo un gran traballo en Rogue One, converténdoa posiblemente, tempo ó tempo, na mellor desta última fornada de cine star wars.
Esta pelicula fíxome pensar nestas outras:
- Star wars. Episodio IV: unha nova esperanza, porque é unha pelicula icónica, a pesar dos seus erros. En moitos sentidos mudou o xeito de facer cine, especialmente no referente ás montaxes sonoras, pero tamén cambiou o xeito de entendelo , devolvendonos un pouco á súa orixe como espectáculo. por que a razón de ser do cine é a de ofrecernos un espectáculo, algo que nos faga imaxinar e soñar.
- Rogue one, por que desta nova fornada de peliculas, xa coa marca da disney, é con diferencia a mellor. Un exemplo de que se pode ser respectuoso co universo star wars e facer unha película sólida en todos os aspectos.
- Terminator 2, porque foi o seguinte salto evolutivo, xunto a parque xurásico, en canto a efectos especiais, introducindo a creación dixital de imaxes, personaxes, etc..
- King-kong, de Peter Jackson. Por que… por que é un peliculón. Pero a parte disto, anque o seguinte paso na evolución da creación dixital logo do anterior corresponde coa mastodóntica “O señor dos aneis”, esta película recupera e actualiza todo o xogo de sensacións que Merian C. Cooper y Ernest B. Schoedsack lograron no 1933 cando por primeira vez puxeron un monstro enorme nunha sala de cine, nunha época na que todo era novidade e, por añadidura, fascinante.