Libros: Os fillos do lume, de Pedro Feijoo.

descarga (4)

   Pedro Feijoo váisenos, meus amigos e amigas. Parece que fuxe cara algún lado correndo máis do que lle dan as pernas.

Se non lestes o libro pero o pensades ler, mellor  entón non sigades  lendo este amaño de crítica.

    Os fillos do lume preséntase como a segunda parte da premiada “Os fillos do mar”, pero daquela boa novela, relato de aventuras de corte clásico, cuns oportunos toques de novela negra, outros aliños de novela histórica e unhas personaxes ben expostas, non queda aquí máis que o recordo, e tres personaxes, a cidade de Vigo, e os dous protagonistas, que nesta entrega aparecen deformados por un espello convexo, especialmente Simón Varela,  ó que o autor aplica o mesmo mal que Gore Bervinski (inda que nese caso a culpa seguramente sexa da Disney) ó Jack Sparrow dos Piratas caribeños, e preséntanolo como unha caricatura da mesma personaxe na novela anterior. Así, o Simón que en “Os fillos do mar” era un torpón que levaba cun humor moi de aquí a súa  habilidade para meterse en leas, bo exemplo de antiheroe,  convertese nesta nun verdadeiro imbecil, que se pasa a novela a tombos dun lado para outro, metendo a pata en todo e  sen decatarse de nada, e aportando á historia aínda menos.

   E cando xa na primeira páxina te das conta de que unha personaxe á que lle tiñas cariño perdeu toda a gracia, o resto non pode ir ben. A novela non consegue nin de lonxe o lustre da súa antecesora, e tampouco consegue que as pezas encaixen ben, nin que o Macguffin que usa  o autor como enganche para falar do que realmente lle interesa, que é a (verdadeira) historia da reconquista de Vigo, resulte minimamente crible.  Iso por non falar de certas cuestións, que ademais de mal resoltas,  directamente sobran na historia.

   Pero non todo son desgracias. Pedro Feijoo é un escritor áxil e con talento, como tamén o é Verbinski, e como coas peliculas do director, se obviamos certos ticks absurdos, podemos pasar unha boa tarde de praia con esta novela. Ademais detras da obra, guste ou non, notase un traballo de documentación intenso, e moitas horas de patear rúa. Aporta unha boa e completa visión  sobre o episodio da reconquista, algo que sempre se agradece, máis @s que somos afeccionados á historia,  e unha visita guiada pola cidade olívica e por algúns recunchos e institucións dela  que xa podía tomar exemplo o alcalde dos dinosetos.

   Esta novela fíxome pensar nestas outras:

  • Todas as novelas anteriores que leín do mesmo escritor. Os fillos do mar , unha obra moi boa mirese como se mire. A memoria da choiva tamen está bastante ben. Pero Morena, perigosa e románica  por desgracia xa apunta a perda da brúxula que parece confirmarse con Os fillos do lume. Agardemos que todo fora unha mala fase creativa desas que teñen os autores,  e que  xa rematara.
Esta entrada foi publicada en libros. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s