Cine. Un lugar tranquilo

Krasinski sábese o “manual de como ser un bo director sen meterse en lios” de memoria. Esta película, na que ademais de enchufar a súa muller como actriz protagonista, dirixe, actua e participa no guión, pareceume un correctísimo exercicio de cine de xénero. E esta é a sensación que tiven cando recordei a pelicula esta mañá: obra de manual categorizada no xénero de terror, co toque xusto de orixinalidade para que resulte chamativa.

Pero iso foi esta mañá, onte cando saín do cine a sensación era de haber visto e gozado dunha moi boa película, onde o bicho era case o de menos, un simple mal necesario para xustificar todo o demais. Por que esta película fala de outras cousas: da necesidade de adaptarse os cambios que a vida nos trae, por exemplo. Ou da dor da perda, do sentimento de culpa e do perdón. Nada novo no cine tampouco. Pero na ambientación da historia, e en como fala destas cousas, é onde Krasinski se gana os méritos.

Vaiamos por partes. A montaxe sonora é moi boa; unha xenialidade en si mesma, logra que entremos na película de cheo, e que pasemos agobio. Pero sería inxusto decir que ese é o único merito da película. O escenario para min resultou igual de logrado. Case toda a acción transcorre nunha granxa (e con isto non vos conto nada). A gracia é que, do mesmo xeito que por exemplo en “Alien”, o espazo físico está moi limitado, pero tamén compartimentado, permitindo así a división da historia e que haxa varios planos de acción. E isto tampouco é novo. Pero notase un esforzado traballo de ambientación, moi atento cos detalles, logrando que todo sexa máis realista e creible, e iso xa é máis raro de ver.

   Outras dúas patas importantes nesta película son o traballo dos protagonistas e a propia historia. Aquí seguramente están as debilidades da obra, pero esas posibles carencias están moi ben cubertas polo propio guión, que fai trampas ó solitario plantexando unha historia chea de incognitas, pero sen demasiados xiros e bastante predecible, e limitando o traballo dos actores coa propia dinámica da historia. E por todo isto precisamente funciona.

Eu diria que é unha boa pelicula no seu conxunto, pero resulta evidente que se sacásemos ou modificasemos algunha das partes desta historia, o resultado seria pésimo. Por outra banda, a obra podería ser algo mellor se cando se traballou o guíón se quixera escapar dalgún dos lugares seguros. Tampouco estaría de máis, dado que falamos dunha historia de terror, algo máis de deso mesmo, pero que conste que medo non, pero tensión hai abondo. En calquera caso eu son dos que pensan que unha historia coñecida pero ben contada, é moito mellor que unha historia moi orixinal pero mal desenvolta.

Esta película levoume a pensar nestas outras:

  • Alien, o oitavo pasaxeiro, de Ridley Scott , por que é un clásico inevitable do cine de terror na categoria de “con bicho cabreado”, e tamén un exemplo de como, atendendo ben os detalles, se pode facer moi bo cine cun guión de catro liñas.
  • The Descent, de Neill Marshall, por que é outro xenial exercicio de ambientación, que consegue levarte pouco a pouco ó seu terreo. Esta película vívela como se estiveras dentro da propia cova cas protagonistas. Que canguelo pasei.
Esta entrada foi publicada en cine. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s