Un pouco de respecto, por favor.

 Esta semana pasada, Salomé Peña e o seu partido sairon na prensa elevando o ton de voz a conta dunha cuestión de carácter urbanístico, inda que o que realmente lles fastidiou foi que lles afeáramos a súa falta de palabra. O asunto non tería maior relevancia, a fin de contas o PP local leva tres anos de pataleta en pataleta sen asumir o seu lugar na oposición, se non fora por que para tapar a súa falta de argumentos, Salomé e compañia recurriron o insulto, neste caso contra a miña persoa.

   E isto si que xa cansa un pouco. Xa cansa ver como para facer política algunhas persoas se dedican ó insulto, sexa de xeito directo ou as agachadas, xa cansa ver como non importa reventar calquera cousa ben feita solo por que “os seus” non levan a batuta. Xa cansa tanta política de baratillo.   E xa cansa que uns poucos e unhas poucas se pensen que os demais somos parvos…

   Ó final, logo de falalo coas xentes de Somos Ribadumia, emitimos un comunicado como forza política, que podedes leer aquí, pero considerei tamén que, dado o personal do ataque, era preciso unha resposta pola miña parte. Esa resposta, inda que podería, e quizais debería,  ser máis  extensa, quedou concretada nun breve artigo de opinión enviado onte á prensa, e que vos reproduzo aquí abaixo.

  En política a educación é importante. Benquerida Salomé Peña, “tonto útil “ podería ser unha boa definición para unha persoa designada a dedo para ocupar un cargo, circunstancia á que efectivamente en Ribadumia xa estamos moi acostumados, concretamente dende o ano 2001, e mesmo antes, cando un alcalde do teu partido colocou un “tonto útil” en postos da deputación. O mesmo “tonto útil” que despois mordería a man que lle deu de comer e te colocaría a ti a dedo na alcaldía. Polo que comprendo que ti estarás moi afeita a ese tipo de circunstancias, e de funcionamentos dentro do teu partido.

   Claro que o entendo. Pero non me confundas a min contigo. Porque afortunadamente non todos somos iguais. E menos en canto ós funcionamentos políticos. Tamén che agradecería que respectaras á forza política á que eu represento, Somos Ribadumia, e recordaras, antes de facer certas afirmacións, que ti non es alcaldesa por un motivo: a maioría das nosas veciñas e veciños non te quería na alcaldía. Asúmeo.

   Aínda así, todas as persoas que vos apoiaron nas eleccións merecen que as respectes. Entendo que non esteas acostumada a estar sentada na cadeira de enfronte, e que o teu guía espiritual, o señor Serantes, tampouco estará moi acostumado ó traballo da oposición. Ou ó traballo político en xeral, se temos que atender o que vemos nos plenos municipais. Pero con actitudes como as que estás tendo so consegues que a imaxe das políticas e dos políticos desmellore, polo que outra vez, e desexo  que sexa a última,  pídoche que antes de asinar os comunicados, escritos ou mocións que outros che redactan, leas ben os contidos, porque nestes últimos meses estás conseguindo que creamos que es unha maleducada e que non tes respecto ningún polas persoas, sexan políticos da competencia, sexan veciños e veciñas de  á pé.

  Es, ou deberías ser, a líder da oposición. A túa misión é propor alternativas e solucións ós problemas, e buscar acordos con quen goberna para solucionar as cuestións que van xurdindo, ou avanzar na mellora da vida no noso concello. Por que niso consiste a política, non en buscar conflitos interesados, nin en ir por aí insultando. Asume por fin o teu rol, Salomé Peña, e ponte a  traballar, que xa son horas.

10/03/2018.

Esta entrada foi publicada en Cousas de Ribadumia. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s