De viaxes: Madeira

 Se a algo lle teño morriña no meu traballo de ascensorista  é as catro semanas de vacacións continuadas que tiña no verán, pois agora non podo deixar as miñas obrigas no concello tantos días seguidos. Mais non me queixo, pois a pesar do intenso que resulta, do enorme custo no persoal que estou pagando e de todo o pelo branco que me saliu (literalmente), estar no concello está resultando unha importante experiencia vital,  e estou moi ilusionado con todo o que estamos facenddo Somos Ribadumia xunto os nosos socios de goberno. Con todo, a formula que estou seguindo, para poder desconectar un pouco, é  sair da casa en periodos curtos, aproveitando se podo  boas ofertas de viaxes. Así que logo do breve parón de xullo, agora en  setembro escapei á illa de Madeira uns días. Un destino económicamente moi viable, sobre todo se se colle o avión en Oporto e con algo de tempo.

  A illa de Madeira, descuberta por casualidade, ten orixe volcánica, e é moi escarpada, tanto que percorrer as estradas é unha auténtica aventura,  en segunda e pasando medo pois as caidas midense en vertical e en centos de metros; o nissan note alugado que pilotei eses días podería dar testemuña do que digo, se falara.  Así, a súa orografia é unha das tres caracteristicas mais salientables desta illa. A outra é a total e completa ausencia de praias (hai unhas extensións de pedras, pero iso non son praias, son rompedeiros de costas), e a terceira é a diversidade de paisaxes.

Deixovos un par de comentarios máis con algunha foto que lle dea vidiña…

  • a mellor actividade que se pode facer nesta illa sen dubida é o sendeirismo; as coñecidas levadas (rutas que acompañan a vellas canalizacións de auga) son espectaculares, en especial a “Levada do Caldeirao verde” e a “Levada dos Balcois”, o mesmo que as rutas de montaña espectaculares anque non son moi validas para persoas con vertigo…

Levada das 25 fontes e levada do risco:

 

Levada do caldeirao verde:

 

levada dos balcois:

 

Pico do Areeiro; con 1810m é o segundo pico máis alto de Madeira. As fotos que acompañ son de parte dunha ruta de se sete kilometros que leva, a traves do estreito , moi estreito, cumio da serra, ata o Pico Ruivo, o teito da illa con 1851m de altitude:

 

 

  • alugade un coche, e percorrede a illa. Non é moi  grande e todo fica preto, e inda que as carreteras son terribles paga a pena o medo que se pasa, porque as paisaxes son espectaculares e variadas, dende a frondosidade do bosque de Laurisilva ata o deserto  vermello de Punta San Lourenzo, e hai infinidade de lugares pequenos que visitar.

Percorrendo Madeira en coche:

  • tiven tamén oportunidade de facer unha saida en barco, co obxectivo de avistar baleas e golfiños. Os golfiños si, pero polas baleas sigo agardando, vese que ese día andaban por outros lares…
  • outros lugares a visitar son as covas de Sao Vicente, co museo do volcan. Alí  explican a orixe da illa e da sua escarpada  orografia, ademais podese facer un percorrido polas covas, que en realidade son os canais de lava creados cando a illa emerxeu do mar; ou algúns dos xardíns botanicos de Funchal, inda que debido o recente incencio solo unha parte dun deles esta aberta ó público. Dende o xardín botanico a vista do incendio, que chegou a cidade, é impresionante e dramática a partes iguais.
  • E por suposto Funchal. Como cidade dubido que vos sorprenda, pero a zona vella, moi pequena e chea de restaurantes e algunha galeria de arte ten o seu encanto. Ademais  as autoridades locais aprobaron no seu momento un proxecto artistico gracias ó cal as fachadas de todas as portas estan decoradas por artistas.

 

  • comer en restaurante está nos prezos de aquí. Mais podedes xantar por catro ou cinco euros un bo prato de comida en innumerables sitios. Como referencias tipicas: un bolo de pan, denominado “bolo do caco”, feito de pan de trigo con allo e perexil;  as lapas, os caramuxos, o peixe espada, pola banda do mar, xunto por suposto ó  bacallau. E casi calquera taberna ten, ademais disto, peixe fresco. Pola banda da carne podedes animarmos cun picado (que tamén ten versión en peixe), un prato semellante a rinchada. Pero sen dúbida, o que debedes probar é a espetada de carne. Pero  non a habitual en pincho metalico; a formula de madeira consiste en espetar os anacos de tenreira en varas de loureiro, e logo brasealas. Están boisimas. Como anecdota direivos que pasando por un pobo que resultou estar en festas, puiden probar a espetada tradicional, comprandolle a carne o carniceiro nun …imos chamarlle “stand”, que logo me “espetaron” na correspondente vara de louro , para que a asara  eu mesmo nunha parrilla habilitada para o asunto.  Como se a pulpeira en Santa Marta nos permitira facer o pulpo os clientes… barbaro.

 

  • En Madeira producese, a parte de plantanos, moitos moitos platanos que curiosamente apenas se ven na gastronomia,  viño, e tamén viños tipo oporto, inda que ali como son moi chulos chamanlle Viños de Madeira. Non están nada malos. Coincidiu que en Funchal había Feira do Viño de Madeira, e houbo oportunidade de dar un repaso a varios caldos locais. Tamén teñen unha brebaxe local denominada poncha, que se fai con licor de caña, mel e zume, normalmente limon, pero admite varias froitas. Esta bon, pero para beber sentado, e sen preocuparse de ter que conducir. Se o buscades, buscadeo na vila mariñeira de Camara de Lobos, faranvolo diante vosa, que sempre é mellor que probar o enlatado para turistas, e  ademais esta vila  é un anaco da illa digno de visitar. Teñen outas brevaxes, como a Nikita, pero desas non vos podo dar referencia, solo que leva cervexa, augardente de caña e zumo de piña.

  E con isto, penso que como resumo xa está ben. Obviamente quedanme cousas atras, pois foron sete días que deron para moito,  e con todo tampouco din mirado todo o que se pode mirar nesa illa. Por iso o mellor será que vaiades vos mesmos se tedes oportunidade.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en viaxes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s