Hai Marea.

Estes días está callando a alternativa política que moitos queríamos para este país. E está callando en forma de Marea.

 Esta formula ten unha serie de condicións polas cales me sinto identificado nela: a principal é a participación da cidadanía en todos os procesos, como o da elección dos seus representantes. Como estes días estamos neste proceso, e como me gustaría que participarades nel, vouvos resumir como vai o asunto.

Entre os dias 16 e 17 deste mes (martes e mercores) ides poder votar para escoller os representates da lista para as eleccións autonómicas. Como vai por adscricións os que sexades deste lado da ría, tócavos escoller a lista por Pontevedra.

¿Como se fai?

  •  Para poder votar debedes asinar o manifesto dos alcaldes antes deste domingo 14 as 23:59. Si, ese manifesto asinado polas alcaldes de A Coruña, Santiago e Ferrol, que dou pe a este proceso.Para asinar o manifesto tedelo moi facil: accedede a este enlace

            http://mareaconstituinte.gal/manifesto/#asina

  • O proceso establecido decía que para ser candidato calquera persoa tiña que presentarse dentro dunha lista de 12 nomes, ordeados en forma de cremalleira (alternando xéneros). Ó remate do proceso de presentación de candidaturas, e a falta de que se clarifique que pasa cos últimos de Filipinas (Podemos), temos sete listas nesta provincia, o cal suman 84 candidatos e candidatas, dos cales vos deberedes votar doce. Podedes ver todas as listas aqui:

             http://mareaconstituinte.gal/listas-provisionais-das-candidaturas-provincias/

  • Moi importante: non se escollen listas completas, deberedes escoller doce nomes, dunha mesma lista ou de varias, marcandoos por orde de importancia. Os únicos dous requisitos na votación, son que tedes que escoller os doce nomes obrigatoriamente, e tamen obrigatoriamente tedes que ordealos en cremalleira (se a vosa elección para o prinmeiro posto é muller, o segundo debe ser home, a terceira muller..e asi os doce). Na lista final escolleranse os 24 nomes mais votados, en forma tamén de cremalleira, por iso é moi importante que definades as vosaspreferencias ó votar.
  • Do salnés presentamonos varios compañeiros en varias listas. Mouriño e Gaspar na denominada “tendendo pontes” e Tino Cordal e eu mesmo na chamada “Mareas Abertas (en comun) “.
13882274_841602042641693_3282654146143691333_n

o pasado venres presentamos en Cambados a lista da que formo parte.

  • Os días de votación poderedes votar en mesa física ou a distancia. Para isto último deberedes solicitalo, cando asinedes o manifesto, a través deste enlace:

           http://mareaconstituinte.gal/voto-telematico/

        Para os que prefirades votar en mesa, que se rexerá tamén por un sistema telemático,          pero neste caso asistido (ou sexa, en lugar de furna haberá un ordenador para                            proceder a votación) no Salnés teredes a vosa disposición unha mesa no local de                       Exposalnés, en Cambados.

E nada mais, levouvos máis tempo ler este artigo do que vos vai levar anotarvos e participar.

E eu quero animarmos encarecidamente a sumarvos a este proceso, con independencia das persoas as que vaiades a votar, por qué foi pensado para que a cidadanía tome por fin o control do sistema político, tomando as  decisións e non solo asumindoas.

13923324_841155502686347_6522412069858417755_o

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s