De viaxes: os fiordos noruegos

   Este pasado mes de xullo collín uns días de descanso, e logo de darlle moitas voltas decidinme a facer un cruceiro polos fiordos Noruegos. Se queredes facer un cruceiro, na miña experiencia permitideme que vos recomende que contratedes nos días pevios á  viaxe e a traves de empresas on-line de tamaño grande, pois a diferencia de prezo pode ser importante. Debedes saber  que viaxar só pode chegar  sair un 50% mais caro que indo con acompañante, o cal me parece unha tremenda inxustiza. Para compensar este feito, e como  viaxaba en réxime de todo incluido, algo que supón unha comodidade,  procurei comer por dous. Tamen é importante preparar a viaxe minimamente, para saber ben a onde se vai e o que se pode un encontrar en cada sitio, anque sexa dun xeito mínimo. Para os que non sexan especialmente aventureiros a opción máis comoda para descubrir os lugares polos que pasa un cruceiro é contratar excursións guiadas. A empresa de cruceiro organiza excursións en todas as paradas do barco, pero son caras e nesta viaxe para colmo topeime cun desastre organizativo (guias que non falaban nada ben o idioma, que non tiñan coñecementos do que nos estaban ensinando, excursións que non ian os sitios contratados…). A mellor opción e negociar as excursións antes da viaxe e con empresas externas; a través de internet é relativamente sinxelo, organizanse en función dos horarios dos barcos e son bastante máis baratas. Eu nesta viaxe fixen excursións a traves da empresa do cruceiro, algunhas pola miña conta, contratadas a pe de barco, e mesmo nalgun caso movinme o meu aire.

Moi importante: Noruega é un país caro, cunha alta imposición ó tabaco e ó alochol. Eu non fumo, así que non sei a como anda o Ducados, pero unha cervexa nun bar (boisima) está nos 10€.

   Sorprendeume Noruega por moitas cousas: foi tradicionalmente un país moi pobre, mais que nada debido a súa dificil orografia, que non permite que a terra sexa produtiva;  e ata non hai moito sitio para vivir.  Pero en pouco tempo soubo rentabilizar moi ben o petroleo  achado  alo polos anos 60, e agora é un pais cun nivel de vida moi alto, na senda de moitos estados  noreuropeos. Sorprende tamén como a diferencia social con outros paises como o noso reside na relixión; Noruega é un país protestante, e como tal existe unha enorme posta en valor da honradez e do traballo, e iso radica nun aproveitamento dos recursos en favor do conxunto do estado e non de catro empresarios amigotes, e por ende nunha moi baixa corrupción política (o exemplo mais claro: un candidato a presidente esqueceu declarar un iate regalado, e foi defenestrado. Aqui, pasa iso e  xa sabedes…).

En todo caso o que máis sorprende de Noruega por suposto é a súa xeografía. Mais aló das fotos que todos coñecedes, Noruega asombra, e iso que ó viaxar en cruceiro non me separei en exceso da liña de mar. Deixovos aquí unha escolma de fotos, para que vos mesmos vos fagades unha idea. Veredes moitas construccións de madeira, algo habitual neste país. Pero curiosamente, debido a abundancia de incendios, dende fai mais dun cento de anos os nucleos  das cidades importantes non poden edificarse en madeira ( como exemplo Alesund, que en 1904 ardeu totalmente, para logo ser reconstruida seguindo os patróns do art noveau).

Se queredes un consello bo, se podedes ir a Noruega, ide. A ese respecto un cruceiro é sempre unha maneira bonita de coñecer un país, e eu recomendovolo porque ademais tendo en conta o custo da vida en Noruega pode salirvos ben de prezo, comparado cunha viaxe mais convencional; pero o cruceiro solo da para facernos unha idea, e nun lugar  como Noruega, con esa orografia e con esa dispersion, casi nin iso.

Se teño oportunidade de voltar a ese país creo que será en autocaravana.

Iso si que ten que molar.

Dia 1: Stavenger.

 

 

Dia 2: bergen

 

día 3: Flam.

 

día 4: Geiranger.

 

Día 6: Alesund

 

Día 7: Trondheim

 

Esta entrada foi publicada en viaxes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s