
Traballadoras da empresa Cotton, que se pecharon o 8 de marzo de 1908 para reclamar os seus dereitos.
O 8 de marzo de 1908 as traballadoras dunha industria textil en Nova York, pecharonse na fabrica en que traballaban reclamando xornadas de 8 horas e un salario igual ó dos homes. O dono da fabrica prendeulle lume e morreron as 129 mulleres que había dentro.
A cor na que estaban traballando nesta fabrica antes de prenderlle lume era o malva, que pasaría logo a ser a cor reivindicativa das mulleres ,tanto no día da muller traballadora como no día da violencia de xénero, como noutros eventos onde as mulleres claman polos seus dereitos….
Dous anos despois, en Copenhague a II conferencia de mulleres socialistas, na que participaron mais de 100 mulleres de 17 paises, ademais de esixir o dereito a votar das mulleres, por proposta dunha señora chamada Clara Zetkin estableceu por unanimidade o 8 de Marzo como o dia internacional das mulleres traballadoras, en honor a esas mulleres mortas por defender os seus dereitos.
O primeiro dia internacional da muller traballadora celebraríase un ano despois, o 19 de marzo.
E seis días despois, o 25 de Marzo de 1911, en Nova York outro incendio arrasaría as tres plantas que ocupaba unha fabrica de camisas no alto dun edificio de dez alturas. Morreron 146 mulleres, unas queimadas e outras porque co pánico tiráronse dende as ventás. Este incendio, provocado polos propietarios dunha fabrica que, como a maioría, non tiña medidas de seguridade e ademais as portas pechábanse nas horas de traballo para evitar roubos e que as traballadoras abandonasen os seus postos de traballo, foi a chispa que provocou que se puxera o ollo na seguridade e se levasen a cabo cambios lexislativos que melloraran as condicións das fabricas. Por desgraza, esa chispa custou 146 vidas, a maioría rapazas entre 17 e 23 anos.
Falemos de Alexandra Kolontai. Esta señora, entre os anos 1917 e 1923, foi a impulsora do movemento feminista en Rusia. Co seu esforzo, e mantendo cargos de importancia no sistema burocrático ruso, consigueu que se recoñeceran dereitos que para a muller parecían inalcanzables e que hoxe igual nos sorprendería, como o da liberdade sexual, a liberación da familia, algo que aquí inda temos que aprender, a igualdade no traballo con respecto os homes, o dereito a voto e tamen o dereito o divorcio, algo impensable naquela época, e outro dereito que soprendentemente segue a ser polémico a día de hoxe: o dereito ó aborto.
Despois chegou Stalin e desfixo todo o traballo feito, nestes aspectos e en outros, pero durante uns cantos anos, as mulleres rusas gozaron duns dereitos recoñecidos, algúns dos cales inda hoxe en día non poden desfrutar as mulleres do noso país, nin da maioría do mundo, civilizado ou sen civilizar.
Estes son exemplos dunha loita que ten que continuar.
Por que a realidade a día de hoxe é que as mulleres, aquí no primeiro mundo (do segundo e do terceiro falamos outro día) onde pretendemos que somos moi igualitarios, seguen a estar infravaloradas en xeral, a ter salarios mais baixos que os dos homes, e a ser tratadas como “amas de casa”, cando non floreros. As mulleres a día de hoxe, e especialmente aquí nesta Galicia matriarcal na que vivimos, seguen a ter un papel casi que de femias reprodutoras, cuxa misión consiste basicamente en casarse e ter fillos e coidar do fogar, e inda que certamente nos últimos trinta anos vivimos una apertura social e xa non se ve como algo negativo que as mulleres traballen en certos sectores que se lles presupoñian vetados, e incluso alcancen postos de responsabilidade nas empresas, e poidan saír adiante e ser mais independentes, iso entendese sempre e cando po caso de acontecer sexa mantendo as súas funcións principais socialmente establecidas .
Pero isto que vos conto xa o sabemos todos e todas.
Sabemolo pero como con todo, salvo que nos afecte dun xeito directo e inmediato non pasamos dos comentarios.
Por iso dende aquí, gustaríame mandarlle as mulleres unha mensaxe neste día da muller traballadora: rompede as cadeas sociais e facédevos valer. Non esta escrito no voso adn nin en ningunha parte que sexades inferiores ó xénero masculino en nada, e polo tanto os vosos dereitos en todos os ámbitos da vida deben ser os mesmos que os de calquera home. Non hai lei establecida que diga que a vosa misión nesta vida sexa casarvos e ter fillos, nin que as vosas funcións equipadas de serie polo feito de nacer muller sexan as de limpar e manter a casa en orde durante toda a vosa vida, como se forades escravas domesticas, nin moito menos a de ser xoguetes sexuais o servizo dos gustos do voso obrigatorio marido. Esas son cadeas que estableceu unha sociedade que ten que evolucionar, e son moi difíciles de romper, pero non queda outra.
Sabedes de sobra que sodes donas do voso corpo, da vosa vida e do voso destino, e que tedes a liberdade de escoller, ou cando menos a mesma libertade que temos os homes. E do mesmo xeito sabedes que tedes o dereito a que se vos recoñeza o voso traballo, sexades tratadas en condicións de igualdade con respecto os homes e cobredes o mesmo que eles.
Pero esa é a vosa loita, e ninguen a vai pelexar por vos mellor que vos mesmas, pois inda que moitos homes sexamos conscientes da vosa realidade e fagamos o que estea na nosa man por darlle a volta, se despois vos deixades levar por estereotipos e tópicos sociais, non se vai conseguir nada.
Todo isto comeza na vosa cabeciña, e remata cun cambio social que inda ten que chegar.