No último pleno que se celebrou este ano, vivimos un momento de tensión, mais da habitual, co PP. O motivo non foi outro que a ocorrencia que tiven de preguntarlle a Luis Serantes e a Salomé se a afirmación que eles habían publicado nas redes sociais primeiro e nun boletín que mandaron ás casas dos veciños despois, que aseguraba que este que vos escribe cobra por asistencia ás comisións informativas, era certa.

No boletín que o PP vos mandou, e nas redes sociais, aparece publicada unha viñeta con esta información FALSA. Isto debe ser o que o PP entende por facer política:mentir e enganar ós veciños.
Tanto Serantes como Salomé se enredaron nas súas palabras e foron incapaces de contestar a unha pregunta tan sinxela como era “¿é certo que Enrique Oubiña cobra dietas pola asistencia a comisións informativas?”. Foron incapaces de contestar porque eles saben tan ben como sei eu, que os concelleiros liberados non cobramos dietas por asistencia nin a plenos, nin a xuntas de goberno, nin por suposto a comisións informativas, e que polo tanto a información que habían dado os veciños é totalmente falsa.
Isto que parece unha chorrada (falamos de 30€/comisión, sobre 500€ ó ano), non o é, porque o PP pretendía con isto que crerades que eu son igual que eles e que estou en política para o mesmo que eles: facer cartos. Non é así. Pero ademais cae de caixón, se o meu obxetivo fora económico, dende logo non formaría parte dunha plataforma como Somos Ribadumia, tan estricta con estes temas, se non que sacaríame o carné dalgun partido de tonos mais azuis e probada experiencia neso de amasar euros, e dedicariame a medrar.
A decencia en política a min, a pesares do pretendan facervos creer unhas persoas que non asumen que a democracia os deixou fora do goberno, sempre me pareceu moi importante. E tamén a ética. E mais nestes tempos, onde os políticos estamos tan mal vistos pola cidadanía. Por ese motivo considero que, con independencia das ideas de cada un, é moi importante comportarse dentro de certos parámetros, e dende logo hai que entender dunha vez que en política non todo vale. Non son capaz a comprender como as persoas que participan nun partido político son capaces de usar a mentira a sabendas, solo co obxectivo de atacar, menosprezar ou prexudicar a un contrincante político. Paréceme caer tan baixo que indigna e da asco. E produce medo, porque persoas así, que solo buscan conseguir os seus obxectivos de poder a costa do que sexa, son un perigo para a nosa sociedade.
En calquera caso, agora que remata o ano e como este é un blog persoal, fágolle notar a toda esa tropa, tan dados eles e elas a menosprezarme, a colgar fotos miñas sacadas de contexto, a facerme mala prensa, e en xeral a tentar crearme unha mala imaxe, que retratanse mais eles do que pretenden retratarme a min. Obviamente indígname ver a políticos e políticas actuando así, mais aínda cando falamos de veciños cos que todos convivimos neste pequeno concello, e provócame vergoña allea porque a imaxe que transmiten fai pensar que todos os que estamos en política somos como eles e perseguimos os seus mesmos obxectivos, pero non me afecta mais aló diso, porque por riba das súas paxaradas están os feitos de cada un.
De cara o ano que ven a min gustaríame ver neste concello políticos dignos e decentes, que actúen con certo sentido da ética, que defendan as súas ideas, plantexen e loiten por aplicar as súas solucións, que saiban debater e negociar dende a súa posición, e non a persoas que usen a súa posición para cobrar catro pesos e facerse os importantes.