A man na caixa.

abal 2  En política para algunhas cousas, convén tomar certa distancia para ver claro o que realmente acontece.

Poñamos por caso Ribadumia, agora que estamos en eleccións. ¿Porque motivo Louzán, actual presidente da deputación vai de número dous na lista dun concello tan pequeno, e non dou o salto, por exemplo a Pontevedra?¿Por que motivo o substituto de Salomé é o actual man dereita de Louzán no resto de chiringuitos públicos onde anda metido?¿A que ven tanta desesperación no pp por aguantar o goberno dun concello pequeno como o noso mentres deixan caer outros mais importantes, como Vilagarcia?. Se o mirades nadando dende a superficie pode parecervos que Louzán ten un compromiso con Ribadumia e os seus veciños, e todo iso que vos conta. Se afundides a cabeza no mundo político todo se ve mais confuso, con alianzas, lios internos dos partidos, loitas de poder …

Pero se saímos de todo iso e miramos un pouco dende arriba vémolo mais claro. É un tema de cartos. E de avaricia, de moita avaricia.

Explícovolo porque é moi fácil. Hai unhas empresas que se están levando adxudicacións de obras da deputación, e do propio concello, que están moi vinculadas a Louzán.

–  Imaxinade que Louzán non repite o fronte da deputación: acabaranse as concesións a empresas amigas. Vos podedes pensar que iso non vai pasar, pero a realidade é que a deputación vai ser difícil que a gañe o PP, e case imposible que Louzán repita como presidente polo PP, e de feito que o actual presidente marcha  é un segredo a voces, ou no seu defecto , un rumor moi insistente, e non sae precisamente da oposición..

–  Imaxinade que as persoas que gobernan Ribadumia non son do PP… Acabouse esa concesión de obras e eses importes desmesurados a coleguillas tamén.

En resumo, se sacamos a Louzán e os que leva da corda do medio e acabóuselle o teto a vaca. Acabáronse as adxudicacións a dedo, e todo o que poida haber relacionado con iso.

Agora imaxinemos que sí goberna o PP logo das eleccións de Maio, pero que os que están no goberno non son tan da corda de Louzán como a el lle gustaría. O mellor iso de conceder obras  a certas empresas complicase un pouco. E se non hai deputación de onde sacar…

Pois con estes mimbres faise o cesto.  Louzán precisa gobernar Ribadumia para poder seguir concedendo obras ás empresas amigas. Para poder ter a súa man posta na caixa, e manexar os fondos.  Especialmente se a deputación cambia de mans, algo mais que previsible. E non lle vale ter a calquera no concello, neste e noutros,  como os bos contrabandistas ten que ter a alguén que dea a cara por el e lle sexa moi fiel, e así é como se explican algúns cambios na lista do pp este ano.

Acabado o conto dos campos de fútbol (poucos quedan xa), e das pousadas, agora tócalle as Igrexas … e seguimos engordando a conta dos cartos públicos. Mentres o paro aumenta, a pobreza aumenta, a desigualdade aumenta … para todos menos para un. E iso é no fondo do que van tratar as eleccións para un bando: en manter a fonte de ingresos.  Outros temos outras ideas, e pretendemos facer co concello algo moi diferente a repartirlle euros públicos ós colegas.  E na vosa man vai estar escoller.

E isto non é ciencia ficción, se mirades para o concello do lado, en Cambados temos un claro exemplo do que nos espera no futuro: débeda ata as ourellas, amigos  colocados a dedo e cobrando salarios enormes sen motivo aparente, obras adxudicadas de xeito ilegal; e pegado a todo isto, subas de impostos, liquidación das políticas sociais, pobreza….porque as formas son sempre as mesmas, e os resultados tamén.

Esta entrada foi publicada en Cousas de Ribadumia. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s