Sobre o novo comedor/ximnasio.

ximnasio3E curioso o fácil que é pensar a curto prazo e o difícil que é pensar a longo.

O pasado xoves o PP aprobou en solitario e a todo correr  o proceso de contratación da empresa que vai facer o arranxo do vello ximnasio. Sen entrar a valorar  a pura propaganda electoral que pretendían facer, nin os intentos desesperados de Serantes e compañía por intentar convencer a todo o mundo de que eu estou en contra desa obra, gustaríame compartir con vos unhas reflexións.

O ximnasio vello esta moi deteriorado. E certo. Pero xa o estaba cando eu rematei no colexio, aló polo ano 1991. Iso non é novidade. E tamén é certo que o colexio ten unha infraestrutura deficitaria … non hai sitio, e en xeral esta en bastante mal estado. Ademais o verán anterior fixéronse obras, reduciuse o tamaño do comedor, ademais de liquidar outros espazos moi necesarios para poder ter máis aulas. Claro que alguén, do PP para máis detalles,  foi polo colexio antes desto a dicir que pronto ia haber un centro social novo que incluiria unha sala onde reunirse a anpa e os profesores, un comedor novo, un ximnasio … E que resultou ser todo mentira porque despois os mesmos que andaban a pregonar deron marcha atrás deixando a dirección do colexio e a anpa,  literalmente tirados. Agora os nenos comen por turnos e os pais teñen que reunirse no centro social, no outro lado de Barrantes.

   Pero hai mais cousas no mundo que o colexio. En  Barrantes temos unha xeración moi numerosa de nenos. Iso é moi bo, pero plantexa algunhas cuestións. A primeira é que iso vaise acabar, pois todos os indicativos apuntan a que este pequeno baby-boom, se vai esgotar en catro ou cinco anos (prevese a perda de mais de 500 habitantes no concello), e moitos dos problemas actuais van deixar de selo, ata o seguinte boom. Pero mentres tanto, cando os nenos actuais medran en Barrantes quédanse sen espazo. Hai varios clubs deportivos e dúas bandas de música. Pero a parte diso non hai un lugar onde poidan xuntarse, onde os rapaces na adolescencia poidan realizar ben a través de asociacións, ben a través do propio concello actividades que lles fagan enfocar toda esa enerxía adolescente cara temas positivos.  Non hai por exemplo unha biblioteca céntrica que facilite a labor dos estudantes. Non hai, con  dúas bandas de música e a explosión musical que vive Barrantes, ningún local de ensaio, nin sequera un local minimamente acondicionado para facilitarlles os mozos, e non tan mozos, desenrolar a súa paixón pola musica. E os maiores, tampouco teñen espazos onde desenrolar as súas actividades no centro de Barrantes. O local cultural de San Andrés está saturado.

   Mirade cantos problemas e necesidade temos en Barrantes  e o PP non se lle ocorre mellor cousa que vendervos un ximnasio e un comedor. Por certo, pedazo comedor, vai custar 304.000€. E nin sequera inclúe cociña, cubertería,  mesas e sillas novas.

   Os que tedes nenos agora estades pensando que iso de comer en dous turnos é moi incomodo. Os que tedes nenos agora dinvos que en Barrantes non hai un ximnasio. Non vos din que si hai un pavillón, que se se reparara en condicións para que cando chove non fora unha laguna,  algo que que non custaría demasiado, quedaría en perfecto estado e podería ser usado polos nenos e nenas sen problemas. Para iso foi feito ademais, que non foi feito para pescar troitas. Os seres humanos somos curtopracistas, e os que tedes nenos agora védelos medrar a toda pastilla, pero o mellor non caedes na conta de que cando rematen o colexio, o comedor e o ximnasio xa non van ser un problema.

   Eu preséntome as eleccións, e son candidato, e pretendo ser alcalde. E un alcalde non pode ser curtopracista.  Hai que pensar no presente e no futuro, sobre todo cando se fala de invertir os cartos de todos os veciños e veciñas . E non teño que ser agradable, nin dedicarme a cumplirlle os caprichos a duas ou tres persoas, teño que ser realista, e teño que ser moi serio.

   En Barrantes agora vaise facer un comedor-ximnasio. Se o PP non volve dar marcha atrás o día seguinte das eleccións. Porque de momento non hai nada claro. Solo un proxecto. Cando esa obra remate, os nenos que están no cole efectivamente terán un sitio mellor onde comer, e un ximnasio para ir dúas horas a semana. Pero non terán nada mais.

  Por ese motivo eu defendín en pleno e o grupo onde estou, Somos Ribadumia, defendemos e de feito levámolo no noso programa electoral, que o que se faga sexa unha obra ben feita, non un parche, e que teñamos en Barrantes por fin un centro social que ademais do comedor e o ximnasio, dea cabida a todo o que un núcleo como este necesita: biblioteca, sala de informatica, local de ensaio, locais para actividades…. E se tardamos tres meses mais en facelo, ou seis, pois tardamos, e andamos algo incómodos un chisco mais de tempo, e certo,  pero o final temos o que temos que ter, e non tiramos cos cartos.

   Se o PP cumprira cos seus compromisos no seu momento hoxe non estariamos falando disto. Se o PP non votara abaixo a casa do medico para poñer un cruceiro, hoxe poderiamos ter un centro social nesa casa e un comedor e un ximnasio no colexio. Se o PP non se votara atrás o ano pasado, agora o colexio tería moitos problemas, pero menos dos que ten agora polas meteduras de pata dos do PP.

   Pensade ben que tipo de alcalde ides querer de aquí en adiante. Unha que se dedique a facer o parvo cos cartos de todos, e se ria de vos na vosa cara, ou un que  atenda as cousas como as hai que atender, e se preocupede solucionar os problemas , non de facer propaganda.

Esta entrada foi publicada en Cousas de Ribadumia. Ligazón permanente.

4 Responses to Sobre o novo comedor/ximnasio.

  1. unha nai de barrantes di:

    Na miña opinión, a obra do cole é moi necesaria, pero xa o era hai dous cursos, cando houbo q abrir a segunda liña de infantil, e empezaron as obras-parche.
    E no cole nos atopamos con deficiencias e necesidades non a corto prado, senon inmediatas. @s nos@s nen@s non teñen un espazo axeitado para comer, nin un patio cuberto para poder disfrutar do recreo os días de choiva, q non son poucos. Non quero dicir con esto q as outras necesidades do concello q nomeas non sexan importantes, pero o boom de natalidade estanos estoupando xa na cara, e as instalacions do cole teñen q estar listas para ser usadas en setembro. Insisto, non lle resto importancia a todo o demais!!

    • O problema neste caso ten mais que ver coa xestión dos recursos que con outras cousas. Non se trata de non facer ou de si facer o comedor. Do que se trata é de como xestionar para conseguir o mellor resultado posible cos recursos que hai. Se as cousas se van facendo ben non hai que andar despois a remendar. Nos décimos: aproveitemos e fagamos un proxecto que ademais de solunionarlle ós nenos atenda as necesidades dos veciños de Barrantes.

  2. Unha nai e veciña de Ribadumia di:

    Pensar a largo prazo na demanda e a poboación infantil que imos ter a catro ou cinco anos vista é un pouco “tarotista.” Ademáis dos nacementos rexistrados están OS novos veciños que, posiblemente, farán deste Concello o seu fogar. Por outra banda, pareceme perfecto que exista un local específicamente destinado ós usos escolares que se van dar, e non para cincuenta cousas que farán que nin estén ben acondicionados para una cousa nin para outra. E en canto ó gran desembolso que che parecen 300.000,00 euros, dos cales son moitos menos OS que supoñen para o concello, eu, como nai, penso que o benestar dos meus fillos, os dos demáis, e dos que han de vir, non ten precio. Ainda que claro, unha planta de biomasa para un Municipio de 4000 habitantes, que daría emprego a 15? 20? persoas, cunha inversión que sobrepasaría con toda seguridade o millón ou millón e medio de euros que, con sorte, se amortizarían en 8-10 anos, é “pecata minuta” para o voso “grupo”, encargado seguramente de xestionar a Cooperativa que se faría cargo dela. Efectivamente, futuro señor alcalde, nada de propaganda no seu programa, con propostas polo que vexo pouco estudiadas, populistas e utópicas. E se realmente tedes una base real, é dicir, deste planeta, para levalas a cabo con éxito, proporía que vos deran o premio nobel en economía, ainda que creo que, realmente, ó único premio que se me ocorre propoñer á vosa candidatura é o de premio nobel de literatura, por aquelo de “platero y yo”… Sorte…

    • As nosas propostas, están ben estudiadas, e son realistas coa realidade e posibilidades do noso concello, pero non pasa nada se ti defendes outros proxectos, tipo campos de fútbol (2 millons + mantemento..0 postos de traballo) ou pousadas (4 millons e sen clientes, e se os chega a ter, contrataran quizais a 15 ou 20 persoas, pero vendo o que paga a adxudicataria por aí adiante tampouco vexo moita melloria).
      Esta ben eso de entrar nos foros e faltar o respecto os demais, pero é convinte tamen ter información e argumentos que defender, se non corremos o riso de quedar algo mal.

      A ti igual che parece pouco gastar 304.000€ nun comedor. A min persoalmente paréceme que con eses cartos pódense facer cousas mellores que un comedor. Os nenos son importantes pero os cartos que se van gastar non son solo dás nais e pais de nenos en idade escolar, e hai que andar con coidado con facer certas propostas. A min tocame o dificil traballo de cuestionar as cousas e ser serio coas propostas que fago.
      De todas maneiras case todos os grupos políticos,ou polo menos o pp e nos mesmos, fai un ano estabamos de acordo en facer un centro social mais amplo que un comedor-ximnasio. Será por algo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s