Carta aberta a Pilar Martínez.

    Ben querida Pilar. Neste último pleno non puiden evitar notar que facías un enorme esforzo por gabar a labor das traballadoras do Concello. Que si levaban meses traballando nunha norma, que se dedicaran moitas horas… Antes de nada debo dicir que eu estou completamente de acordo contigo: as persoas que traballan no concello de Ribadumia fan un enorme traballo, que vai máis aló do que figura nos contratos.

Pero tanto mel pola túa parte no pleno lévame a plantexarme unha serie de preguntas, sobre todo no relativo ao persoal laboral. Se tan importantes son porque dedicaches anos a buscar a maneira de despedir ou desmellorar as condicións laborais dunha boa parte dese persoal por ser “colocadas por Salomé”? Se tan ben fan o seu traballo  porque non lle subes o salario a ese persoal que ten uns salarios dos máis baixos da comarca? Porque pretendías -e inda pretendes- levar a pleno unha RPT escravista? Porque lanzas ameazas veladas -ou non tanto- cando non che ríen as gracias? Porque tratas ao persoal como se foran criadas e criados ao servizo do goberno facéndoos traballar “voluntariamente” e durante xornadas longuísimas os festivos ou cando hai eventos? Porque favoreces a uns e castigas a outros? Se non dan feito todo o traballo que teñen, porque non contratas máis persoal? Porque permites que as horas extras se disparen ata o infinito? Porque intentas no xulgado limitarlle a unha traballadora o seu dereito a unha pensión digna?

Eu podo dicir con total tranquilidade que durante catro anos cortei todos os  teus intentos de despedir persoal, cando non a propia lei, e evitei que se levara a pleno a vosa proposta de RPT, que era totalmente escravista e reducía aos profesionais a simples criados, ou que defendo dende fai anos unha revisión salarial e melloras organizativas que son necesarias;  tamén podo dicir que, a diferencia vosa, a min ninguén me acusou de entrampar unhas eleccións sindicais. Eu, en resumo, podo dicir que si defendo o traballo dos homes e das mulleres que son as que sacan ao noso concello adiante. Podo, pero fago por non dicilo, por que o primeiro é o respecto, mentres que ti tes a cara dura de usar a esas persoas como arma arroxadiza ou como escudo, segundo che conveña, nos plenos municipais.

O colmo foi que xusto neste pleno, quixen defender unha moción para mellorar as condicións das persoas que traballan nas dependencias municipais e tanto ti como o resto do teu partido bloqueachedes o asunto. Bonita maneira de agradecerlle o seu traballo. Por favor, deixa de utilizar a esas persoas ao teu antollo e como recurso ante a falta de argumentos. Queda feo.

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s