Para isto sacamos a Salomé?

   Cando pasei á política activa, fíxeno nun concello gobernado por un PP sen proxecto de nada e que actuaba da peor maneira posible: trato discriminatorio coa veciñanza, mesmo coas traballadoras municipais, con trabas e ameazas veladas  aos que non eran “dos deles”, tamén con certos colectivos, asociacións e clubs deportivos, e con favoritismos evidentes con outros. Abusos de poder, despilfarro de fondos públicos, falta absoluta de transparencia, contratos a dedo,  unha xestión penosa do público, e un longo etc que se tapaba con formigón, asfaltados e campos de fútbol. Con todo, o que máis penalizou na súa última etapa ao goberno de Salomé Peña e Rafael Louzán foi a soberbia, ese mirar por enriba do ombreiro, crerse intocables e co don divino de facer e desfacer ao seu antollo.

   No 2015 puxemos fin a ese período negro do noso concello, e abrimos as portas e ventás da casa consistorial para que entrara unha nova maneira de xestionar, aproveitar os recursos, tratar as entidades con igualdade e equidade, promover políticas de emprego,  sociais, promoción cultural, deportiva, apoio ao comercio local, transparencia, comunicación e algo moi importante: un trato igualitario con todas as persoas, absolutamente todas. Porén, non viviamos enganados, en Somos Ribadumia sabíamos que había un risco e que sen o noso control Ribadumia volvería da man de David Castro e os Independientes aos peores  tempos do PP.

   Chegou un ano de maioría absoluta para darnos a razón. Este último pleno foi o exemplo. Nel evidenciouse a realidade do goberno de IR: trato discriminatorio cara unhas entidades, de favor cara outras, xestión partidista dos recursos, instalacións defectuosas, servizos mermados, falta de proxecto político e social, improvisación continuada, falta de transparencia e, como colofón, ataques a determinadas persoas, nalgún caso traballadoras do concello. E xa volvemos a ter Ribadumia dividida en dúas metades, os “deles” e os “outros”. Neste caso a diferencia é que non está a Deputación para tapar o desastre, pero a maioría absoluta cega ao noso alcalde e aos seus acólitos que, como no seu momento os do PP, xa se creen por enriba dos demais.

Facía falla sacar a Salomé para acabar volvendo ao punto de partida? Si, as melloras logradas entre o 2015 e o 2019 ben que o xustifican. Pero como di o refrán , non hai peor astilla que a do mesmo pau. E agora, como daquela, haberá que traballar para  baixar a esta xente do altar da maioría absoluta.

Esta entrada foi publicada en Cousas de Ribadumia. Ligazón permanente.

1 Response to Para isto sacamos a Salomé?

  1. Anónimo di:

    Eu sei outro refrán: detras vendrán que bueno te harán!!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s