A loita de poder detrás da Mancomunidade.

  Descoñezo – anque podo facerme unha idea bastante aproximada – os motivos polos que Gonzalo Durán está tan encirrado en manterse como presidente da Mancomunidade. Pero esa loita por agarrarse á presidencia deste ente estanos sorprendendo cun interesante xogo de espellos. Resulta que foi o PP de Meaño quen favoreceu que a presidencia poda cambiar de mans e pasar ao Psoe. Sen embargo, non esta sendo o PP dende outras estancias quen está axudando a Gonzalo Durán, que logo de ver cortar as barbas de seu irmán debe notar algo de desasosego, se non que quen está acudindo ao rescate de Gonzalo son os Independientes de Meaño, coa mala escusa por certo  de estar atacando ao PP local.

 Para entender isto hai que coñecer algo da historia recente da nosa comarca. O alcalde de Ribadumia, David Castro, xefe de campaña do PP de Ribadumia no 2003, estivo a piques de ser o candidato no 2015 de Independientes de Meaño, como ben tivo que recoñecer a regañadentes cando, durante unha visita do colexio fai un par de anos, un neno lle sacou o tema a colación. Este dato, ademais de demostrarnos que o que David quería por enriba de todo era ser alcalde e tanto lle daba onde, amósanos que Independientes por Ribadumia, Independientes de Meaño e outras agrupacións similares da nosa comarca, son todas ponlas da mesma árbore. Unha árbore que é filla brava doutra árbore máis gorda,  o Partido Popular.

Así que ninguén se engane, se os Independientes de Meaño e Ribadumia teñen na súa man a opción de escoller presidente, este vai ser o candidato do PP, e Gonzalo Durán aguantará algo máis. Por suposto, se a xogada de Meaño non sae ben, estes mesmos Independientes van optar por absterse, pois David Castro, que solo chega aos lugares cando xa sabe quen está presente, non vai mollarse salvo que o vexa moi claro.

 Pero a pregunta interesante é: que interese ten David Castro en que Durán sexa presidente da Mancomunidade do Salnés? A loita de poder está agochada detrás deses xogos de  espellos, e non ten que ver coa mancomunidade, máis ben co futuro do Partido Popular.

duran e david

Esta entrada foi publicada en Cousas de Ribadumia, cousas miñas. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s