Cine: Cristal (GLASS) de M. Night Shyamalan.

Antes de nada, se inda non fochedes ver “Cristal“, xa estades tardando. Sobre todo porque para podela disfrutar por completo conven acudir con certa ignorancia do que acontece nela. Esa maravillosa ignorancia tan difícil de manter nos tempos de hoxe, cheos de xente con internet e ánimo de fastidiarlle as películas, e os libros, e a vida, ó resto.

Con Cristal, Shyamalan pecha unha triloxía, elaborada co mundo do cómic como eixe central, que nacera no ano 2000 con “El protegido”, e cuxas dúas continuacións quedaron despois no caixón ata que o homiño deu saído do mal burato no que se meteu, aceptando películas de encargo e cambios forzados de guión, no 2015 con “La visita”, película coa que se reivindicou como director de alto nivel e moito oficio, e que lle permitiu afrontar “Múltiple“, e agora “Cristal”. Conven decir que esta triloxía non adapta ningún cómic, se non que lle rende unha fonda homenaxe a esta forma de expresión, que é arte, e coa que o cine ten unha gran débeda.

Como peche dunha triloxía, conven ter visionado as dúas partes anteriores, e neste caso recentemente a poder ser, para así captar a película na súa totalidade. E inda así, Cristal, como varias das peliculas deste director, require e admite comodamente varias visualizacións.

Sen entrar a facer spoiler, se en El protegido asistíamos ó nacemento do superheroe, da man da súa némesis, e en Múltiple presenciabamos flipando a aparición dun malvado impresionante, nesta terceira parte as tres personaxes deben facer fronte a súa propia realidade e o seu encaixe no mundo, axudadas por unha psiquiatra.

Todo o bo desta cinta está nos detalles. A mín encantoume por moitos motivos: a estrutura do guión, o desenvolvemento da trama e o encaixe das diferentes historias, os xiros calculados, o traballo dos actores que é espectacular, unha montaxe xenial, a fotografia, que crea unha atmósfera incomoda ata nos exteriores, e incluso a banda sonora, anque neste aspecto hai que decir que West Dylan Thordson, que pon música a esta e a anterior Múltiple, non é James Newton Howard, con quen o director traballou en El protegido e notase, tanto que na película a pesar do bo traballo feito hai unha notable diferencia nos acompañamentos musicais entre as partes onde aparecen os protagonistas de El protegido, onde se recupera o acompañamento musical desa película, e as outras.

Con todo, o máis reseñable, dende o meu punto de vista, é o formato de cómic, común as tres partes da triloxía, que dan fe do bo traballo de fotografia e de dirección, e que provoca que cando esteamos vendo a película alguns enfoques e encadres se nos fagan algo estraños. Quizais non pareza importante, ou alguén pense que é unha rareza do director, pero está todo moi calculado, e todos eses encadres raros, dende angulos incomodos, os desenfoques, os xogos coa luz, as diferentes cores que definen os protaguistas e os escenarios, esas imaxes que son pura viñeta … todo iso son recursos de comic aplicados ó cine para conseguir que miremos a donde o director quere que miremos, e transmitirnos sensacións sen que o notemos de xeito consciente, e así meternos e manternos na película … e hai que decir que funciona e que é unha xenialidade.

O que non ten esta película son grandes doses de espectáculo, explosións e ruido vario, algo que non é o habitual nestes últimos anos no cine de superheroes. Sen embargo, é unha peli de superheroes pero, como acontecía en whatchmen, todo o concepto de superheroe está moito máis normalizado, conseguindo que a historia, de principio a final, resulte moito mais realista, creible e asimilable.

Con esta película un non puido evitar pensar en outras obras interesantes:

  • whatchmen, Shyamalan é moi bo director, e recolleu como ninguen as contradicións humanas reflectidas nos denominados superheroes, pero o mellor director adaptando novelas gráficas e sen dúbida Zack Snyder, como demostra tanto nesta obra, ou como en
  • 300. que aportou unha maneira de coreografiar, rodar e montar esceas que fixo escola, ou en
  • “El hombre de acero”, onde Snyder reconstruiu a Superman con acerto; un peliculón, pero despois non foi capaz de manter o nivel, e maltratou a franquicia, que non volveu levantar cabeza ata Acuaman.

Pero no que máis me fixo pensar Cristal foi noutra pelicula de Shyamalan:

  • La joven del agua, incomprendida pola súa particular proposta e por que, por algún motivo extraño as produtoras empeñanse en vender as pelis deste director como se todas foran O sexto sentido,. A min pareceume un peliculón.

E un bonus track, por que esta película usa un recurso para marcar o ritmo das esceas, que me levou de cabeza a varias películas do xenial Cristopher Nolan, :

  • dunkerque, exercicio de cine espectacular, cun guion de tres liñas.
Esta entrada foi publicada en cine. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s