McCullough fíxose famosa gracias a “El pájaro espino” unha serie de televisión que tivo moito tirón alo a principios dos oitenta, e que adaptaba unha das súas primeiras novelas. Sen embargo, a súa gran reputación como escritora, eu diría que a mellor da súa xeración e ademais por moito, nada ten que ver con esa obra nin coas súas outras novelas de carácter romántico. McCullough subiu ó altar literario gracias á novela histórica. A súa serie sobre os anos finais da primeira república de Roma son fantásticos en todos os sentidos. Con todo, cara o final da súa vida (morreu no 2015) escribiu unha serie de novelas policiacas, ambientadas na década dos sesenta nunha vila americana.
“El hijo prodigo” é a cuarta desa serie, das cinco que a compoñen, anque é a terceira publicada en castelán. Obviamente, como non é a primeira obra da serie, as principais personaxes, o capitán Carmine Delmonico e o seu equipo, así como outras personaxes e as particularidades da vila onde se desenvolven as novelas, non pasan por ningún tipo de presentación. Pero tampouco é necesario. Calquera destas novelas poden lerse de xeito independiente, pois centranse principalmente no caso.
A acción xira ó redor dun veleno roubado dun laboratorio de investigación, que se mostra responsable de varias mortes, que sacan á luz diversas disputas empresariais e persoais. Estamos, pois, ante unha obra de puro xénero, con varios sospeitosos, e unha trama que vai desenredándose á par que avanza o traballo policial, con varios xiros e meandros ó longo da trama, incluindo de regalo algunha subtrama que axuda a darlle realismo a situación, e a mostrar en paralelo as fealdades da vida da pequena comunidade onde está ambientada. Destaca pola rigurosidade coa que trata o traballo policial, incluidos os sinsabores das pistas falsas, nunha época onde ninguén escoitara falar aínda de C.S.I., e os mecanismos de investigación eran, comparados cos de hoxe en día, bastante rudimentarios. O bo facer da escritora notase na narrativa, axil incluso nos pasaxes e explicacións máis aburridos, o uso do momento histórico para encadrar a narración, e na capacidade para dotar de vida propia as diferentes personaxes, cos seus claroscuros.
Dende logo é unha boa lectura de praia.
Este libro recordoume a estes outros:
- Toda a obra de Collen McCollough, da que pouco me falta por ler, pero destaco:
on,off , a primeira da serie que protagoniza o capitan Delmonico, e para min a mellor, sobre todo por como se desenvolve a trama e como remata. Moi recomendable.
“La huida de Morgan”, que narra a través da vida dun preso, as primeiras colonizacións de australia, cando Inglaterra mandou maleantes de todo tipo ó lugar máis lonxe que encontrou, provocando o nacemento dun país moito maior que a propia Inglaterra.
“El primer hombre de roma”, obra coa que inicia unha saga imprescindible para calquera que guste da novela histórica.
El nombre de la rosa, de Umberto Eco. Por que se falamos de novela policíaca temos que falar desta obra, magnífica mirese como se mire.