Saudando.

Da quinta do 77 e da xeración da E.X.B. O meu oficio e amañar ascensores, e cando non correr detras da pequena Lía. Máis tamén dedico boa parte de todo á política. Fun concelleiro dende o 2011 ata o 2023. No mandato 2011/1015 na oposición, 2015/2019, membro do goberno de Ribadumia, exercendo de Tenente de Alcalde e varias áreas políticas, e neste último mandato até o 2023 na oposición. Actualmente, logo de ceder a miña cadeira no Pleno do Concello, exerzo de voceiro do partido (Somos Ribadumia) e mantéñome nun segundo plano, sen deixar a actividade politica, pero cedendo paso á seguinte xeración.

Logo disto, cando me queda algo de tempo, cultivo varias aficcións, como a lectura, o cine, a fotografía, o meu acuario, agora tamén unha pequena horta, un xardín e un anaco de Monte que me levou a facerme pastor de arbores; trastear algo na cociña, ir de cañas ou, mellor, gozar dun bo viño con mellores amigos, facer algo de deporte ou viaxar … E enfrontar os novos retos que vai traendo a vida.

Neste espazo falo de vez en cando das miñas cousas. E como a miña vida, este espazo vai mudando, non é unha liña nin mantén unha axenda pechada. Así que non vos estrañe se deixo caer por aquí un artigo cada tres ou seis meses, ou tres nunha semana, nin se hoxe subo unha opinión política, e maña un álbum de fotos dalgunha viaxe.

Non é este espazo nada máis que un moble deses que hai en moitas casas, que parece que son para unha cousa, pero despois vas mirando nos caixóns e vitrinas e hai de todo. E posiblemente a quen chegue aquí lendo lle extrañe que nestes tempos non faga máis uso doutras redes sociais ou que non me centre ao mellor noutros recursos comucativos máis de moda. Primeiro por que o obxectivo non é ser influencer de nada, e segundo … Será a idade ou o costume, pero pareceme mais comodo un espazo como este, sen limitacións. E os anos estanme reafirmando na idea radical de que a verba escrita, sen desmerecer outras formulas comunicativas, segue sendo a mellor maneira de trasnmitir algo.

2 Responses to Saudando.

  1. moi corta a túa vida e obra jajaaj, queremos saber máis ajjaja

  2. Cando teña unha hora ou duas extendereime mais, se tanto apetito tes jejejeje

Deixar un comentario