Que será o seguinte?

   Que os Independientes por Ribadumia me ataquen a min ou a miña familia e a outros e outras non é nada novo. No meu caso ven da lexislatura anterior. Inicialmente  de maneira soterrada, con moita rumoroloxía. Logo, ao achegarse as eleccións do 2019, ocultos no anonimato das redes sociais, usando perfís falsos (soubose que detrás estaba Pilar Martinez), ou incitando a terceiros, subiron un chanzo pasando a ataques moi duros de nivel persoal, cuspindo todo tipo de mentiras e inxurias e ameazas. E non so contra min, por certo.

    Dende o 2019, coa maioría absoluta, subiron outro chanzo ao pasar abertamente ao ataque público. A persecución na vida miña privada e fora dos ámbitos políticos, pasou así  aos plenos municipais e mesmo  ás propias redes sociais de IR, facendo uso e gala de calquera cousa que se lle ocorrera na súa carreira por tumbarme no político, pero tamén no persoal. Por que  en todo isto hai medo a que os saquemos da alcaldía, pero tamén  hai odio.

   En xuño do 2021, outro chanzo. Dous familiares da concelleira de política social, ao saír da casa do alcalde logo de que os desaloxara a garda civil por ter montada unha festa ilegal, dedicáronse, a atacarme e ameazarme na porta da miña casa. Ese lance rematou nun pleno coa reprobación pública de toda a oposición a David Castro por non condenar os feitos e xustificar o uso da violencia contra as persoas que están en política.

   Esta semana, outro chanzo máis: Miguel Castro, concelleiro de IR, ameazoume aberta e publicamente, ademais co uso da violencia física contra a miña persoa. E dende IR gardan un silencio cómplice porque non lles molestou a saída das marxes democráticas do seu compañeiro, senón que nós o fixeramos público e que todo o mundo vexa a súa verdadeira cara.

   Xa advertimos dos problemas de entrar nesta dinámica. Comezar e fácil. Parar é difícil. E agora que? se contra min actúan así, como actuarán contra outras persoas máis vulnerables? A canta xente teñen ameazada? Van os de IR facer uso da violencia física ou doutro tipo  contra alguén? Ou xa a están facendo? Se un día dúas ou máis  persoas coa cabeza quente chegan as mans, ou pasa algo peor, de quen será a culpa? Debemos eu e a miña familia durmir cun ollo aberto e andar pola rúa mirando para atrás? Deben os veciños e as veciñas de Ribadumia vivir con medo ás represalias desta xente? Que vai ser o seguinte?

  Remato cunha mensaxe á miña veciñanza e ao resto de forzas políticas de Ribadumia: isto non se pode permitir. Esta xente perdeu a cabeza e o sentido.  Un concello non pode vivir en estado de sitio, coa veciñanza ameazada e dividida pola política. E a única maneira de porlle freo é con democracia, sacando a esta xente do goberno nas eleccións do próximo mes de maio. Eu estarei nesa loita.

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s