Nas dúas últimas semanas celebráronse no noso concello dous plenos onde se debateron moitas cousas interesantes. Pensamos que seria boa idea colgar esta crónica, para compartir con vos os nosos posicionamentos e tamén aquelo que ocorre no concello, nas comisións municipais e nos plenos, e que moitas veces pasa inadvertido.
COmo foron moitos os temas tratados, e alguns requiren de espazo, colgareino en varios anacos entre hoxe e maña, para non aburrirvos moito e máis para que poidades opinar ou preguntar aquelo que vos vexades.
– Un dos temas tratados e votados foi un Acordo de cooperación entre concello e a deputación de
Pontevedra para o financiamento dos servizos sociais do concello. Sen entrar en moitas fonduras o que pasou foi que a Xunta de Galicia gobernada polo PP retirou as axudas que cubrían estes servizos, para logo darlle esa función as deputacións que agora pactan a subvención deses servizos cos concellos. Nos estamos a favor de que se eliminen as deputacións, e polo tanto non podemos apoiar ningún tipo de pacto que signifique darlle competencias a estas. O que nos opinamos e que a Xunta de Galicia e sobre todo o señor Feijoo o que ten que facer e gobernar, non darlle o goberno de Galicia as deputacións, como esta facendo. Pero por outra banda, tampouco podemos opoñernos a que se nos subvencionen os servizos sociais, entre outras cousas porque o noso concello por si solo non podería acometer semellante gasto, sobre todo coas políticas económicas do goberno local do PP. Por iso a nosa postura foi de abstención.- Outro tema foi o convenio entre concello e deputación para o servizo da canceira que a deputación vai por en funcionamento en Meis. A canceira comezou a súa andadura como un proxecto da mancomunidade do Salnés, fai xa mais de 10 anos, pero fracasou gracias, entre outras cousas, a xestión penosa do PP, con maioría na mancomunidade, órgano este que o propio PP está levando a desaparición. E tivo que facerse cargo deste proxecto a deputación de Pontevedra, algo o que nos opoñemos. Por outra banda, nos por suposto opoñémonos tamén a que a deputación privatice a xestión da canceira, pero iso non era o que se debatía no pleno municipal, se non o convenio para que esa canceira recollera os cans e gatos abandoados ou mortos no noso concello, algo que en Ribadumia ademais xa é algo preocupante, e as condicións dese convenio. E outra vez encontrámonos con que a nosa oposición á cesión de competencias e proxectos que debían ser mancomunados ou da Xunta á deputación, tropeza coa necesidade de solventar un problema no noso concello, como é a presenza cada vez maior de animais abandoados. Por ese motivo, optamos unha vez mais por absternos na votación.- Presentáronse varias mocións a favor da defensa da educación e da sanidade publicas, e de que se instase ó goberno a derrogar o copago dos medicamentos. O noso posicionamento nestes temas e claro. A educación e a sanidade publicas son un dereito, non un privilexio, como defende o PP, e como por certo defendeu tamén un concelleiro do PP de Ribadumia no pleno, e están sobradamente sufragadas cos impostos que pagamos a diario.
– tamén se presentou unha moción de apoio o galego e para que se impulsaran actos específicos no dia das letras galegas. Por suposto estivemos a favor, inda que o salientable é que o PP, que deixa o único acto deste tipo que se celebra no noso concello nas mans da agrupación musico cultural, non solo votou en contra se non que se gabou do traballo que fan outros, en lugar de ter palabras de agradecemento.
PARTE II
Seguimos coa nosa cronica sobre os últimos temas tratados no concello. E algo longo, pero foron moitas cousas, que teñen o seu interes e requiren o seu espazo.
– Outra moción presentada pretendía que o concello inste a Xunta de Galicia a manter as oficinas liquidadoras de tributos que o PP pretende pechar. Este e un tema serio. O goberno do PP, na súa liña de recortes e recentraliza
ción, pretende eliminar as oficinas recadadoras. Para que nos entendamos, se ata agora cando calquera de nos tiña que, por exemplo, pagar os dereitos reais dunha herdanza, achegábase a oficina de cambados, facía o papeleo, pagaba e listo. Coa idea do PP, agora teredes que ir a cambados facer o papeleo, pero deberedes ir a pagar a Pontevedra. Este plan de peches do PP, ademais de aumentar o fraude, vai provocar a saturación das oficinas centrais da Xunta de Galicia. E, tal e como pasou en Cataluña, onde adoptaron o mesmo sistema e agora están volvendo o antigo, este plan esta condenado o fracaso. Por iso apoiamos a moción, que unha vez mais tropezou co voto en contra do PP de Ribadumia, cuxos concelleiros viven entregados a todo o que lles manden dende “arriba”, sen pensar nin o mínimo nos veciños de Ribadumia.- Presentáronse tamén varias mocións para tomar medidas encamiñadas a que a Igrexa pague o I.B.I. polas súas propiedades térrenas, ou a buscar solucións neste sentido. Aquí hai que facer dúas apreciacións. A primeira é que este que escribe descoñecía ata que se fixo publico nos medios que a Igrexa esta libre de pagar tributos, algo que o meu parecer e o dos meus compañeiros e compañeiras debe ser corrixido polo goberno central. Por ese motivo estivemos a favor desas mocións. Por suposto, o PP cunha serie de argumentos de risa, nos que non me vou estender , quixo xustificar o seu voto en contra, levando o final esperado. A proposta non saíu adiante gracias o PP.Pero dito isto, convén tamén remarcar que os partidos que presentaron as mocións, Psoe e Bng, tiveron a oportunidade de tomar estas medidas que agora lle reclaman o PP bastante antes, tanto no caso do PSOE que gobernou España durante moitas lexislaturas, como no do BNG, que formou goberno cos socialistas na nosa comunidade durante catro anos, inda non fai moito. ¿Tiveron a oportunidade pero porque non o fixeron?. Plantexei esta pregunta en alto no pleno e solo obtiven silencio. O que nos pensamos, e claramente o dicimos, é que en política non vale todo, e andar a xogar a demagoxia a conta da crise non e serio, nin esperable en ningún partido político que pretenda supor unha alternativa ou undique, ou o que sexa, e tampouco serve para mellorar a opinión que os cidadáns teñen dos políticos. Hai moito que cambiar e moito que facer neste pais en cuestións de economía (a eliminación das SICAV, e o aumento dos impostos sobre as persoas que mais teñen, ou impulsar as politicas de emprego, por poñer un par de exemplos) pero é que moitas desas cousas que hai que cambiar e facer xa tiñan que haber sido abordadas nos tempos de vacas gordas, e non agora que o cinto apreta.
– Houbo unha proposta moi boa e moi positiva o noso parecer para crear unha horta urbana en barrantes. Unha proposta que ademais estaba tendo boa aceptación, sobre todo entre os pais con nenos novos e que viven en pisos. Solo vos direi que o PP, dando unhas mostras mais que claras do descoñecemento que teñen do que se move no seu propio concello, e polo tanto do pouco ou nada que lle importan os seus veciños salvo para ir a votar, votou en contra e nin sequera quixo estudar a súa viabilidade.
– Presentouse outra moción , e non é a primeira, `para instar a Xunta a que retire a lei de augas. O resultado foi o mesmo de veces anteriores. O PP a situación económica dos veciños dálles bastante igual, e que se lles pretenda cobrar pola auga dos seus pozos particulares tamén.
– Outra moción chamoume a atención especialmente. Foi unha onde se pretendía aprobar entre outras cousas instar a Xunta e o goberno de España a manter os programas de emprego e a manter tamén as “escolas obradoiro” e talleres de oficio varios como nos últimos anos. En primeiro lugar o dia que eu vexa unha política de emprego seria por parte da Xunta do PP mais aló do papel e da propaganda, fago unha festa. Porque a realidade e que a política do PP en cuestión de emprego redúcese o mínimo, por non falar ademais das outras políticas caciquís que xa todos coñecemos . Pero o que a min mais me chamou a atención, foi que o BNG propuxera manter as escolas obradoiro. De feito preguntei se a proposta pretendía que se mantiveran as escolas obradoiro que se viñan facendo anos atrás e a resposta do concelleiro nacionalista, que ademais parece descoñecer a existencia dos monosílabos, foi afirmativa. E con isto non me quedou mais remedio que argumentar que entón o bloque estaba xogando a demagoxia barata e a propaganda electoralista, buscando votos.
As escolas obradoiro foron un total e absoluto fracaso, e o propio PP o admitiu, por non falar do gasto enorme que supuxeron, e unicamente serviron para que os concellos tiveran man de obra barata. Pero de redución da taxa do paro, ou de conseguir unha porcentaxe de colocación minimamente razoable, nada de nada. O BNG nas ultimas campañas electorais predicou contra destas escolas obradoiro inútiles. Por iso o meu asombro. Non podiamos votar en contra porque efectivamente cremos moi urxente e necesaria unha política activa e moi seria de promoción do emprego, inda que xa sabemos que o PP nese sentido non vai mover nada, pero dende logo tampouco podiamos votar a favor de manter escolas obradoiro que non axudan a crear emprego, porque para os que participan significan pan para hoxe e fame para maña, e ademais supoñen un gasto descomunal.
Nos pensamos que a urxencia da situación e a necesidade de votos non debe facernos perder o sentido común. O que hai que facer e impulsar outro tipo de iniciativas, e outro tipo de accións formativas, orientadas a empurrar sectores como o primario ou as novas tecnoloxías.
Ademais o PSOE fixo esta proposta en Ribadumia, pero na Illa da Arousa, cos mesmos habitantes, o alcalde socialista cobra mais que Salomé e non se lle propuxo baixarse o salario. Por iso o primeiro que lle pedimos o PSOE e seriedade e predicar co exemplo. O problema no concello non é o salario da alcaldesa. O problema do concello son os mais de 500 parados , ou as persoas que non teñen recursos. E é a esas persoas as que hai que darlle solucións. Por estes motivos abstivemonos de participar na decisión sobre esta moción.- Outra moción pretendía que o concello se fixera cargo da paga extra dos funcionarios locais. A posición do PP xa a podedes imaxinar : “nin de coña”. Avergónzante foi ver como un concelleiro do PP, funcionario, logo de dicir que se opoñía a eliminación da paga extra, expresaba que por imperativo dos seus superiores ia votar en contra da moción. Ese e o PP e eses son os concelleiros preocupados polos problemas dos seus veciños.- Unha moción que todos apoiamos salvo o PP estaba referida a defensa dos afectados polas preferentes, inda que tamén incluía varios puntos mais, un deles a favor de crear unha banca publica. A nosa postura con respecto os afectados das preferentes, que non deixa de ser unha estafa, solo pode ser de apoio, anque polo visto o PP ten outras ideas. Pero dito isto, hai que facer varias apreciacións. O máximo responsable de que se colocaran eses produtos foi en primeiro lugar o Banco de España, e son os seus directivos os primeiros que deberían pasar por un xulgado, e se me preguntan a miña opinión persoal, por galeras unha boa tempada. Se baixamos algo as miras, temos que entender como funcionan estas cousas. Nos consellos de dirección de Caixa Galicia e Caixanova, que eran galegas e publicas, había representantes do PP, si, pero tamén do PSOE, do BNG e dos sindicatos (eses que agora están tan preocupados polas perda de postos de traballo). E polo tanto, os tres partidos e os sindicatos estaban o tanto do que estaba pasando e podendo non fixeron nada. E por último, ese bloque que agora pide unha banca publica e galega esquece que xa a había, de feito había dúas caixas galegas e publicas, e que son coparticipes de arruinala e da desastrosa fusión, que nos levou de ter unha caixa mal e outra regular a ter un banco peor.…..(se un dia vos preguntan o significado de “demagoxia aplicada” aquí o tendes).
– Unha moción na que todos estivemos de acordo, foi unha relativa a necesidade de revisar as sinais de trafico do concello, algunhas moi deterioradas.
– Tamén estivemos de acordo na proposta de festivos locais, que o próximo ano serán novamente o luns de Pascua e o venres do tinto.
PARTE IVRematamos xa falando do que seguramente era un dos puntos mais importantes tratados estes dias, que ademais trouxo certo movimento. É longo porque o acordo para a adxudicación das axudas a entidades deportivas, culturais e sociais, precisou de tres reunións, intensos debates e moito traballo na casa(polo menos para alguns de nos). E pensamos que era contar a historia con pelos e sinais,
Porque se nalgo estabamos de acordo era na necesidade de que as axudas foran aprobadas por unanimidade.
Por este motivo acordamos pasar estas bases un pouco por alto, facer cada grupo político as súas valoracións e reunirnos informalmente unha hora antes do pleno e buscar o acordo, partindo iso si, de que ningunha entidade vería reducida a cuantia das axudas con respecto o ano anterior. Por suposto acordamos informar o BNG deste acordo.Cando chegamos o salón do concello antes do pleno topámonos coa sorpresa de que o BNG non estaba de acordo con este trato e requiría facer outra cousa. O concelleiro deste partido ademais de defender que se seguiran as bases o pe da letra, inda que iso supuxera deixar a varias entidades sen axudas(mirade que preocupación pola cultura e o deporte ou a acción social), quería consultar certos datos e polo visto inda non había tido tempo (dándonos a entender que o concelleiro do BNG é o único con familia, traballo e vida privada, como se os demais viviramos desto e non tiveramos nada mais que facer todo o dia), e que o acordo o que chegaramos todos os demais na súa ausencia non tiña validez ningunha. E importante resaltar as malas formas deste señor, porque provocaron o enfado de case todos os concelleiros. Digo isto para que o teñades en conta se ledes por aí non sei que cousas sobre tender mans. Ademais, o PSOE, que estes días anda a fregarlle as costas o BNG, cambiou de opinión nese momento e decidiu que había que seguir as bases o pe da letra, valorar e logo buscar acordos. A miña postura foi en primeiro lugar de enfado, como a de todos ou case todos os demais, pois xa tiñamos un acordo bastante avanzado, acordo que de principio non deixaba a ninguén fora, salvo as entidades que non estaban establecidas no noso concello, e dúas máis que inda debiamos chegar a acordo sobre elas. Pero como o importante era que absolutamente todos chegaramos a consenso, deixeilles ben claro que a pesares desta falta de seriedade por min non habería problema, como se había que reunirse trinta veces. O PP tamen cedeu e acordouse entón sacar o tema das axudas da orde do dia do pleno e pospoñelo unha semana, para que o señor do BNG puidera consultar todo o necesario, e para volver evaluar as entidades, esta vez seguindo con rigor as bases establecidas.Pasaron os días e volvémonos reunir. O primeiro que comprobamos foi que o concelleiro do BNG logo de haber consultado todos os datos que necesitaba no concello (e de admitir que había consultado e curioseado todo canto quixera sen ningún tipo de atranco), inda non os tiña todos (¿?).
Aquí farei unha apreciación sobre o traballo municipal: hainos que se preocupan de facelo e hainos que non se preocupan mais que de armar gresca. A maneira do concelleiro do BNG, por exemplo, foi ir o concello e pedir mil historias o último dia, e logo de pedir prazos. Política de sillón. Nos en cambio dirixímonos as entidades, interesámonos polas súas cousas, compartimos opinións e pedimos en caso necesario os datos que necesitabamos. Evidentemente non o fixemos na última semana, e un traballo de todo o ano. Valorade vos.
Pero en fin, pasado todo isto encontrámonos co mesmo problema do primeiro dia. O único concelleiro que levaba unha valoración das entidades seguindo as bases, coas puntuacións correspondentes, era eu. O PP levaba a mesma idea do primeiro dia, os compañeiros do PSOE por desgraza non puideron asistir,(aquí puntualizamos que o BNG pareceulles mal que decidiramos sen estar eles, pero logo non tiveron reparo algún en tomar decisións sen a presenza doutro partido) , e o BNG como non tiña todos os datos non tiña unha valoración completa.
Así, un debate que tiña que limitarse o mínimo, complicouse, pois había unha gran diferenza de criterios, en especial sobre un punto das bases, que plantexa que as entidades que teñan firmado un “convenio” co concello quedarán fora das axudas. Isto en principio para o PP significaba que o Náutico e Protección civil quedaban fora das axudas do concello. Salvo que para Protección civil propoñían facer unha excepción. Para nos isto era inasumible. Primeiro porque on podemos poñernos a facer excepcións de maneira aleatoria, favorecendo a quen nos apetece.
Para nos un “convenio” e calquera trato que unha entidade teña co concello, así que se somos rigorosos coas bases, como BNG e PSOE pedían (o PP solo era rigurosa con algunhas entidades, con outras non), a maioría das entidades teñen algún convenio: de cesión dun campo de fútbol ou dun local, por exemplo. Pero e que se valoramos os beneficios económicos, como dicía o PP, resulta que os equipos de fútbol teñen cedidos os campos pero ademais ingresan os beneficios polas entradas que se cobran os días de partido, e tamén habería que deixalos fora.
E se o PP ou algún outro vos di que “…e que Enrique quería deixar sen axudas a tal club ou entidade”, e falso.
Simplemente esta, insisto, é a interpretación das bases tal como están redactadas, que pensamos que chegado o caso podía incluso levar a que aparecera algunha denuncia publica. Por certo, eu non estiven presente nin cando se negociaron as bases nin cando se aprobaron.
Por todo isto propuxemos que, así como as bases o PP non has había tido en conta a hora de facer valoracións para o reparto das cantidades de euros, non has tivera en conta tampouco para este punto e así non deixabamos fora das axudas a maioría das entidades.
Logo dun intenso debate, onde debo dicir que o único que pretendía que “todas” as entidades recibiran axudas do concello foi este que vos escribe, (incluída por certo protección civil e incluído o club de piragüismo, que o pp e o bloque insistían en que había que deixar fora. Unha entidade tan necesaria como protección civil e un club de éxitos deportivos internacionais e olímpicos, para que vexades o interes do PP e dalgún partido da oposición) e no que ademais me tiven que manter firme de narices, o final chegamos a un acordo a tres partes: o PP, o meu grupo e o BNG, pero este ultimo porque estaba mais pendente dunha reunión da súa bodega que dos problemas do concello, e tiña presa.
Acordamos entón que se darían axudas a todas as entidades que cumpriran as condicións requiridas nas bases salvo o punto referido os convenios, e que a aquelas que aparecían no sumario pero que non habían presentado toda a documentación se lle requiriría o que lle faltase, inda que xa imos fora de prazo para poder concederlla. Algo moi xeneroso por certo. Sobre as cifras o acordo foi total. Con unha apreciación. Para nos todos os clubs deportivos que teñen nenos son merecedores dunha axuda as bases deportivas, e non soamente os clubs de fútbol como pretende o PP.
Acordamos tamén que antes de volver falar das axudas do próximo ano se revisarán as bases , que é evidente que necesitan un axuste, e todos os convenios. E todos son todos, non soamente o que hai co club de piragüismo, para que o próximo ano os clubs ou entidades que xa teñan un trato especifico reciban o que lles corresponda ou se lle poida dar a través dese trato , e non teñan xa que pedir mais axudas o concello. Isto último o que busca non é solo solventar problemas de interpretacións das bases, se non tamén regular da mellor maneira a economía do concello, para que as entidades reciban unha cantidade o ano, e non haxa logo que pagarlles a maiores isto ou aquilo(salvo excepcións moi xustificadas), un problema que existe agora e que se reflexa nos desfases dos gastos de todos os anos. Tamén axudara as entidades a ter unha idea moito mais exacta das cantidades que van percibir do concello a hora de plantexar os seus calendarios, gastos e demais. Nos nesta liña presentaremos nos próximos días dúas mocións con propostas concretas de axustes nas puntuacións das bases, e para crear un equipo con representación de todos os grupos para que se ocupe de, coas entidades que corresponda, revisar ou establecer os convenios necesarios, que beneficien a todas as partes, para que o próximo ano non haxa este debate e eu non teña que escribirvos algo tan longo.
O final, no pleno da semana pasada aprobáronse as axudas por unanimidade. Hai que dicir que o PSOE dou mostras de mellor educación e respecto que o BNG, e non tivo inconvinte, unha vez se lle explicou o acordo, en apoialo.
E ata aquí. Sei que foi longo, pero pareceunos necesario expoñelo así. Fáltame colgar as bases e a relación das axudas, pero o que vou facer para non cargar mais, como resulta que acabo de crear un blog, colgaareinos nel e deixarvos despois o enlace (cando me entere ben de cómo vai iso).
Os que lle votachedes un ollo a todo isto, moitas gracias. Para nos é moi importante dar a coñecer os nosos posicionamentos, e que saibades o que se coce nos plenos municipais, pois as veces(case sempre) as notas de prensa dan informacións parciais ou interesadas que as deforman . Un saudo.